viernes, 19 de junio de 2020

FINAL DE CURSO

Bo día Grumetes!

Chegou o día de pechar o curso e este é un final atípico. Desta vez non nos despedimos cunha festa da auga nin cunha merenda xunt@s no patio. Virán tempos mellores e recordaremos este por especial tamén.

O blogue queda durmido ata setembro. Esperamos que volva a funcionar pero doutro xeito, xa téndovos aquí nas aulas con nós.

Sentímonos tremendamente orgullosas de vós que, co voso esforzo, conseguístedes superar un confinamento sen precedentes, e tamén das vosas familias que se tiveron que adaptar aos novos tempos e facer de mestr@s dende a casa. Parabéns para tod@s!

Desfrutade moito do verán, das familias e d@s amig@s, tamén das cousas pequenas que nos fan tan felices. 

Ata pronto nen@s rianxeir@s!

                                                                                                    
                                                                                                         Moitas apertas!

martes, 9 de junio de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Boas Grumetes!


Onte, día 8 de xuño, celebrouse o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS, por iso vos deixamos como encargo que visualicedes o seguinte vídeo para que sexades conscientes da importancia que teñen os océanos nas nosas vidas e o importante que é coidalos.

Ademáis, no repaso desta semana, tendes unha actividade de plástica moi creativa que estamos desexando ver. Cando a teñades lista enviádenos unha foto co cartel na man e faremos un vídeo de todos os traballiños. 





REPASO XV


Un feixe de bicos para tod@s! 

jueves, 4 de junio de 2020

Grumetes! Como vos foi a semana? 

Como sabemos que estades xa cansos e comezando a ir á praia enviámosvos menos tarefas para facer máis levadeiro este remate de curso. Pedímosvos un pequeno esforzo final, estamos seguras de que podemos contar convosco porque fixéstedelo moi ben durante todo este tempo.



Un feixe de apertas!

domingo, 31 de mayo de 2020


Ola a todos e a todas!  

Comeza unha nova semana e tamén derreiro mes de curso: XUÑO! A semana pasada xa tivéstedes un adianto de verán....pero o mellor está por vir, así que vos pedimos un último empurrón e moitos folgos para pechar terceiro. 
Na ligazón de aquí abaixo queda algo de traballo para estes días, pouca cousa non vos alarmedes.


Unha aperta grande como o mar! 



domingo, 24 de mayo de 2020

REPASO XII




Boas!

Por aquí vos quedan enlazadas as tarefas para estes días. Xa estamos a piques de rematar maio e o final do curso vese cada vez máis preto....así que moito ánimo para o pouco que nos queda, pequerrech@s! 

IMPORTANTE! Se clicades sobre o debuxo escoitaredes unha canción que seguro vos soa a moit@s de vos! Desfrutádea!




                                                Apertas virtuais!                

viernes, 22 de mayo de 2020

Bos días Grumetes! 

Aquí vos queda un novo repaso para ir facendo pouco a pouco, como sempre. Tamén vos enlazamos un par de vídeos explicativos para que visualicedes e comprobedes o sinxelo que é medir ángulos co transportador. Moito ánimo e para calquera dúbida escribide ao correo de aula sempre que o precisedes.

Un bico grande, valentes! 




martes, 19 de mayo de 2020

RECTAS E ÁNGULOS (vídeos)

Boas, grumetes!

Velaquí vos quedan uns vídeos sobre RECTAS E ÁNGULOS, perfectos para que vexades nas vosas tabletas e desfrutedes aprendendo. Se os visualizades seredes capaces de facer as actividades do tema 14 de matemáticas dun tirón. Adiante, valentes!