viernes, 19 de junio de 2020

FINAL DE CURSO

Bo día Grumetes!

Chegou o día de pechar o curso e este é un final atípico. Desta vez non nos despedimos cunha festa da auga nin cunha merenda xunt@s no patio. Virán tempos mellores e recordaremos este por especial tamén.

O blogue queda durmido ata setembro. Esperamos que volva a funcionar pero doutro xeito, xa téndovos aquí nas aulas con nós.

Sentímonos tremendamente orgullosas de vós que, co voso esforzo, conseguístedes superar un confinamento sen precedentes, e tamén das vosas familias que se tiveron que adaptar aos novos tempos e facer de mestr@s dende a casa. Parabéns para tod@s!

Desfrutade moito do verán, das familias e d@s amig@s, tamén das cousas pequenas que nos fan tan felices. 

Ata pronto nen@s rianxeir@s!

                                                                                                    
                                                                                                         Moitas apertas!

martes, 9 de junio de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Boas Grumetes!


Onte, día 8 de xuño, celebrouse o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS, por iso vos deixamos como encargo que visualicedes o seguinte vídeo para que sexades conscientes da importancia que teñen os océanos nas nosas vidas e o importante que é coidalos.

Ademáis, no repaso desta semana, tendes unha actividade de plástica moi creativa que estamos desexando ver. Cando a teñades lista enviádenos unha foto co cartel na man e faremos un vídeo de todos os traballiños. 





REPASO XV


Un feixe de bicos para tod@s! 

jueves, 4 de junio de 2020

Grumetes! Como vos foi a semana? 

Como sabemos que estades xa cansos e comezando a ir á praia enviámosvos menos tarefas para facer máis levadeiro este remate de curso. Pedímosvos un pequeno esforzo final, estamos seguras de que podemos contar convosco porque fixéstedelo moi ben durante todo este tempo.



Un feixe de apertas!