viernes, 24 de abril de 2020

BENVID@S GRUMETES

Ola? Alguén me recibe? 

En vistas de que isto do confinamento se nos está alargando un chisco máis do esperado, deseñei este modesto blogue como un xeito de estar informados e para que atopedes aquí todos os recursos necesarios para o voso traballo diario. 
En definitiva, un xeito de ter a nosa "aula particular" organizada, esa que botamos tantísimo de menos.

Espero que vos guste e que sexa cómodo para seguir aprendendo. O máis importante será estar aí, dando o mellor de vós pouco a pouco pero cada día. 

Para enviar traballo, resolver dúbidas ou calquera outro comentario ou opinión seguiredes tendo o mail de sempre. Aí vos leo grumetes e familias!

Un saúdo agarimoso

PROFE AIDA