martes, 12 de mayo de 2020

ENTRE ANIMAIS ANDA O CONTO...

Bo día rianxeir@s!

Como puidéstedes comprobar xa temos no noso blogue unha ligazón que nos leva á biblioteca da escola. No lateral esquerdo está tamén a xouba Castelao e premendo sobre ela veredes unha chea de recursos e fotografías de compañeir@s. 

Durante o mes de maio propóñennos retos científicos e vídeos moi entretidos da man de ARENARIA COORDINACIÓN, que seguro que moit@s @s coñecedes.  Botádelle un ollo!

E xa por último, tamén quero recordarvos que co gallo das Letras Galegas estamos homenaxeando a Ricardo Carvalho Calero e na biblio déixannos un par de opcións interesantes para participar da súa obra e que o resto da comunidade do Castelao a desfrute. Así que imos participar como grupo enviando as nosas historias ou anécdotas, o que máis vos guste. Tendes de prazo dende hoxe até o 21 de maio para enviarnos ás titoras as vosas composicións. Corrixirémolas e farémosllas chegar tamén ó blogue da biblio.
Este traballo, unha vez presentado ás profes, gardarase no caderno de lingua como unha tarefa máis do trimestre. Non vos esquezades do prazo, grumetes!