lunes, 18 de mayo de 2020

PIRÁMIDE DE ACTIVIDADE FÍSICA

Bo día!

Comezamos a semana coa proposta dunha PIRÁMIDE DE ACTIVIDADE FÍSICA que nos propón o profe Carlos. 



E ademáis imos seguir avanzando nos repasos do resto das materias co novo arquivo que xa tedes clicando enriba do seu nome:

REPASO X

Un saúdo

viernes, 15 de mayo de 2020

FAMILIA

Felíz Día Internacional das Familias, Grumetes! 



O día Internacional das Familias foi promovido pola ONU para crear conciencia sobre o papel das familias na educación dos seus fillos e fillas, dende a infancia ata a idade adulta. 
O principal deste día é que lembredes que a importancia da familia está no amor, no respeto, en apoiar, en ensinar.....independentemente do número de membros que a formen, do sexo, a idade, ou a raza á que pertenzan. 

E dentro desa palabra fermosa que é familia caben tamén outras persoas ás que queremos, admiramos e respetamos aínda que non nos unan a elas lazos de sangue: os amig@s! A xente á que queremos e nos quere de xeito incondicional. Felíz día para eles e elas tamén.

E para as profes, tamén vós sodes familia, tod@s os nenos e nenas das nosas aulas cos que mantemos un vínculo de afecto e protección. Por iso vos enviamos un feixe de apertas e o desexo de vernos moi pronto!

Aquí vos deixamos esta canción para que cantedes nas vosas casas moi alto (lamentamos que o título non sexa o máis acertado....)


Saúdos agarimosos!




jueves, 14 de mayo de 2020

REPASO IX

Bo día grumetes!

Aquí vos queda un novo repaso para este tempo de confinamento. Desta vez son dous arquivos. O segundo deles é unha actividade creativa, para debuxar, na que debedes crear unha figura a partires dun pequeno segmento (liña recta ou curva) que vos aparece en cada recadro. Ás profes gustaríanos moito ver o orixinais que sodes e as figuriñas que creades sobre o papel. 




Un saúdo para tod@s!

martes, 12 de mayo de 2020

ENTRE ANIMAIS ANDA O CONTO...

Bo día rianxeir@s!

Como puidéstedes comprobar xa temos no noso blogue unha ligazón que nos leva á biblioteca da escola. No lateral esquerdo está tamén a xouba Castelao e premendo sobre ela veredes unha chea de recursos e fotografías de compañeir@s. 

Durante o mes de maio propóñennos retos científicos e vídeos moi entretidos da man de ARENARIA COORDINACIÓN, que seguro que moit@s @s coñecedes.  Botádelle un ollo!

E xa por último, tamén quero recordarvos que co gallo das Letras Galegas estamos homenaxeando a Ricardo Carvalho Calero e na biblio déixannos un par de opcións interesantes para participar da súa obra e que o resto da comunidade do Castelao a desfrute. Así que imos participar como grupo enviando as nosas historias ou anécdotas, o que máis vos guste. Tendes de prazo dende hoxe até o 21 de maio para enviarnos ás titoras as vosas composicións. Corrixirémolas e farémosllas chegar tamén ó blogue da biblio.
Este traballo, unha vez presentado ás profes, gardarase no caderno de lingua como unha tarefa máis do trimestre. Non vos esquezades do prazo, grumetes! 





domingo, 10 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Boas grumetes!

Faltan poucos días para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Se premes na seguinte ligazón irás dereitiñ@ á historia deste día tan importante para tod@s os galeg@s que ademáis ilustraron dun xeito fermosísimo dende a Real Academia Galega. 



Non vos parece xenial festexar que temos unha lingua propia? Isto non lle pasa a moit@s grumetes!  Somos moi afortunados de ter un idioma noso. Por iso, no 2020 imos ter moi presente a outra desas persoas que loitaron por escribir en galego: RICARDO CARVALHO CALERO. Abride o arquivo e veredes uns pasatempos para facer sobre o autor homenaxeado e un anaco dunha das súas obras. 


Este novo traballo irá para o caderno de lingua. Recortade un chisco as marxes e pegade as páxinas para non extravialas.


Un saúdo agarimoso a tod@s! 

sábado, 9 de mayo de 2020

QUIZ DE LENGUA

Ola a tod@s! aquí vos queda un cuestionario de LENGUA para que pasedes un tempo entretidos poñendo a proba os vosos coñecementos. 


QUIZ DE LENGUA


Agardo que vos guste a tod@s!


Un saúdo 

viernes, 8 de mayo de 2020

REPASO CIENCIAS SOCIAS

Bo día grumetes rianxeiros!
Tendes xa preparado un novo archivo para traballar as CIENCIAS SOCIAIS. Pinchade na ligazón e imprimide.

DESCARGA AQUÍ GRUMETE

Un saúdo